Asociación Nacional de investigación de Literatura infantil y Juvenil

Obradoiro Musical

Obradoiro musical a cargo de Aurora Pajón, no marco do proxecto G-Book da Universidade de Vigo.

Este proxecto nace do papel crucial que desempeña a literatura infantil na consolidación e evolución da identidade de xénero das nenas e nenos. De feito, moitos estudos amosaron como as xeracións máis novas tenden a interiorizar e a facer seus modelos e roles de xénero que, con todo, en moitos casos tenden a ser conservadores e a reforzar os estereotipos de xénero (por exemplo, nenas doces, sumisas, pasivas, nenos valentes e rebeldes, nais que coidan á familia mentres os pais traballan, etc.)